25 de xaneiro de 2018

A voltas coa suba

Cristóbal Montoro anunciou que está disposto a aceptar unha suba salarial para os empregados públicos do 1,5% para o ano 2018, o 1,75% o 2019 e o 2% o ano 2020. Tamén di que os salarios subirán adicionalmente o 0,25% no 2018 e o 0.50 no 2019 e o 2020 se se cumple a previsión do Produto Interior Bruto. Se a suba do PIB supera en catro décimas a previsión, a suba adicional sería do 0,50% no ano 2018 e o 0,75% nos anos 2019 e 2020. Finalmente, se se cumple o obxectivo de déficit en 2020, subiráse outro 0,50%.

Toda esta complicada proposta o único que fai é ocultar que, no mellor dos casos, vai ser moi difícil manter a capacidade de compra, porque suporá, como máximo, unha suba do 7,75% en tres anos, suba que, vistas as condicións nas que se producirá, será case imposible que se faga. Ademáis, non se establece ningún mecanismo de recuperación do perdido nos últimos anos, polo que seguiremos cuns salarios cativos para a maoiría dos empregados públicos.
Montoro: queremos a recuperación do incautado nos últimos anos! Non imos esquecer o que tan alegremente nos laminastes vós e os anteriores, sen deixar de lado a Feijóo, claro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo