23 de abril de 2013

A proposta da Xunta sobre o horario e xornada laboral

A proposta da Xunta establece varias modalidades de horario:
  • Horario xeral: de luns a venres, de 7,45 a 15,15 horas. Os retrasos na entrada de ata 30 minutos poderanse compensar diariamente.
  • Horario flexible por razóns de conciliación: poderano solicitar os que teñan fillos menores de doce anos ou familiares convivintes que, por enfermidade ou idade avanzada, necesiten a asistencia doutras persoas, así como os que estean en proceso de separación ou divorcio, ata trascorridos tres meses desde a solicitude ou demanda. Entre as 7:00 e as 18:30 fixarase o horario de referencia, procurando establecer unha franxa horaria de presenza, salvo que as circunstancias persoais e familiares non o permitan. Dentro deste horario cumpliranse as horas de traballo, en cómputo mensual.
  • Horario flexible por interés particular: unha parte fixa, entre as 9:00 e as 14:00 horas; e unha parte flexible para o tempo restante, entre as 7:00 e as 9:00 e entre as 14:00 e as 18:30, de luns a venres. Haberá que cumplir o número de hroas en cómputo semanal. Farase a solicitude e estará resolta no prazo máximo de tres meses.
  • Horarios especiais: atencion cidadá, postos de traballo de apoio ou de carácter técnico ou administrativo, cando se considere máis axeitada a xornada partida e, en xeral, calquera horario distinto do xeral.
Para a CGT, hai algunhas cousas que deberían modificarse antes da aprobación desta proposta:
  • A norma establece que as ausencias non xustificadas provocarán o correspodente desconto en nómina, sen prexuízo das medidas disciplinarias que puideran adoptarse. Cremos que debería especificarse a partir de canto tempo se establece o desconto (hai que ter en conta o tempo en que se tarda en fichar a causa do sistema informático) e tamén a canto tempo de ausencia sen xustificar é posible unha medida disciplinaria, para evitar arbitrariedades e indefensión en canto unha persoa teña unha ausencia mínima, que ben pode ser accidental.
  • No horario xeral, debería admitirse unha franxa horaria de cómputo, non só despois da hora, senón tamén antes, para os casos en que se produzan fichaxes antes do horario establecido.
  • No horario flexible por interés particular, o cómputo do horario é semanal, cando na outra modalidade é mensual.
  • No horario flexible, o horario debe aplicarse no momento da solicitude, para non ter que esperar ata tres meses para a súa aprobación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo