27 de maio de 2011

Subvencións

O DOG de onte publica a disposición pola que se conceden subvencións ás organizacións sindicais e patronais correspondentes aos cursos de formación, cun totoal de 9 millóns de euros. Como se pode observar, a CGT non recibirá, por decisión propia, nin un patacón.

26 de maio de 2011

De desmentido en desmentido

O vicepresidente Chaves desminte que vaia haber máis recortes aos funcionarios "a lo largo de esta legislatura". Agradeceríamos esta noticia se non fora porque a esta lexislatura lle quedan moi poucos telediarios. Tamén segue sen aclarar cal vai ser a suba do ano que ven e cando os empregados públicos recuperarán o perdido, tal e como prometeron cando o recorte do 5%.

16 de maio de 2011

O goberno nega

O goberno nega que vaia haber máis recortes aos funcionarios e que os rumores sobre isto so infundados. O que non explica é se vai haber incremento salarial para o próximo ano e cando recuperaremos o prometido poder adquisitivo.

13 de maio de 2011

Cursos

O DOG de hoxe publicou unha resolución convocando diversos cursos para o persoal da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de instancias remata o 23 de maio e os interesados terán que facelo a través da web da EGAP, picando aquí.

12 de maio de 2011

Os prezos, polas nubes

O IPC do mes de abril situouse no 1,2 %, polo que a suba interanual xa está polo 3,8% . Neste último ano, a suba do vestido calzado foi do 9,6%, os combustibles o 18,7%, os alimentos sen elaborar e a electricidade o 11,8% e o alumbrado e maila auga o 14,9%.

Ante este panorama en produtos básicos, a mera intención dos gobernos de facer novos recortes é unha obscenidade e enha salvaxada. Non o consintamos.

10 de maio de 2011

Os trienios dos interinos

Recentemente, unha sentencia do Tribunal Supremo recoñécelles aos interinos o dereito de percibir os atrasos de trienios que lles corresponden (ata cinco anos), do mesmo xeito que o persoal funcionario. A Xunta anunciou que cada interino deberá reclamar, é dicir, que non fará o pagamento de oficio. Animamos aos interinos a que reclamen o que se lles debe para superar o discrimintorio trato que, neste tema, veñen sofrindo en comparanza cos funcionarios de carreira. Tamén reclamamos da Administración autonómica que se supere as reticencias que hai para pagar as vacacións ao peroal interino nalgún departamento, por exemplo no que respecta ao persoal da Administración de Xustiza. Non podemos deixar de recordar que a única diferenza entre os dereitos do persoal interino con respecto ao persoal funcionario é a directamente derivada da interinaxe e ningunha máis. É que hai xente que non se quere enterar.

6 de maio de 2011

Escolas infantís para o persoal da Xunta

O DOG de hoxe publica a Orde da Consellería de Traballo que fixa o procedemento para a adxudicación de prazas nas escolas infantís (0-3 anos) para o persoal da Xunta de servizos centrais, de Vigo e de Pontevedra. O prazo de solicitudes está aberto ata o 16 de maio.
O resto do persoal da Xunta, polo visto, é dunha raza inferior.

5 de maio de 2011

Nomeamento de laborais

O DOG de hoxe publica a Orde pola que se nomea persoal laboral da Xunta aos que superaron as probas selectivas do da categoría 041 (oficiais contra incendios forestais). Os interesados poden interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes ou ir directamente ao contencioso no prazo de dous. Noraboa.

4 de maio de 2011

Un novo recorte?

Alarmante é a nova que o diario Expansión dá sobre as retribucións dos empregados públicos: o goberno non descarta a posibilidade dunha nova conxelación salarial para o ano 2012, ou incluso unha nova "cirurxía" se o crecemento económico non é o axeitado.
Se o volven facer e non respondemos contundentemente, teremos o que nos merecemos.

3 de maio de 2011

Non hai xustificación que valga para o retraso da nómina

Por moitos panos quentes que queiran poñer os responsables de Facenda, non hai xustificación ningunha para que todo o persoal da Xunta non teña percibido as súas retribucións o último día laborable do mes. Se o Tesouro asina as ordes de transferencia de fondos o día 29, venres, a media mañá, é materialmente imposible que os cartos estean en cada entidade bancaria xa non o mesmo día 29, senón nin siquera o día último do mes, o 30. Cando se actúa así, non se lle pode botar a culpa ás entidades bancarias e ameazar con investigacións e outras parvadas para esconder a propia ineficacia.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo